Pobo squamish | |
---|---|
O xefe Andrew e o seu fillo Alvie Andrews en 1902 levando traxes tradicionais. Fotografía tirada na vila de Sen̓áḵw. | |
Poboación | |
Poboación total: 3 893 (2012) | |
Rexións principais: | |
Canadá | Columbia Británica |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua squamish e inglés |
Os squamish (ou en lingua squamish: Sḵwx̱wú7mesh snichim, o "7" representa unha oclusiva glotal) son un pobo indíxena orixinario da costa noroeste do Pacífico do Canadá.[1] En 2012, a cifra de membros rexistrados na Nación Squamish era de 3 893.[2] A súa lingua, o squamish ou Sḵwx̱wú7mesh snichim, forma parte das linguas salish da costa,[3] e considérase case extinta xa que só contaba con 10 falantes fluídos no ano 2010.[4]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search